jueves, 3 de marzo de 2016

O QUE ME VAROU

   Eu quedei varada, encallada, nestas liñas:

Contar un conto é o máis sublime acto de amor que se pode ofrecer a un ser querido... É o    esconxuro máis  poderoso para espantar o meigallo do desamor. Contaba contos Sherezade  para esconxurar a  morte? Non, facíao para engaiolar  ao rei Sarhriyar na rede da palabra.



Oh! ... E nestas:

Os libros  foron o lugar de encontro ao que iamos procurándonos. Verte tocar un libro...era como ver a túa man cando me acariñas. Pensaba: así camiñan as túas mans pola miña pel. Despois tocábao e era coma ler a túa caricia.

                                                                Xabier P. Docampo,  " Carta á amada", Catro cartas.  


Invítovos a que deixedes a opinión sobre  as vosas lecturas  na sección de comentarios.